Jonathan Haidt é un psicólogo social estadounidense que, xunto aos seus colaboradores, elabora dita teoría en oposición as teorías de Piaget e Kohlberg, ao non incluír estas aspectos emocionais.
A teoría dos fundamentos morais foi proposta por primeira vez polos psicólogos Jonathan Haidt e Craig Joseph, que se basearon no traballo do antropólogo cultural Richard Shweder. Consiste nunha teoría psicolóxica e social que intenta explicar as orixes e as variacións do razoamento moral, sobre a base de fundamentos innatos e modulares.
A teoría propón seis fundamentos do razoamento moral a partir do cal as persoas e as culturas constrúen a súa moral. Estes son: o coidado, a xustiza, a liberdade, a lealdade, a autoridade e a pureza. Con todo, os seus autores afirman que posiblemente se incluirán máis fundamentos nun futuro.
Os 6 fundamentos compóñense por unha serie de valores e os seus opostos, que son os seguintes:
Coidado/dano: aprecio e protección dos demais.
Xustiza/engano: xustiza representada por un acordo con normas compartidas.
Lealdade/traizón: manterse co seu grupo, familia ou nación.
Autoridade/ subversión: obedecer á tradición e á autoridade lexitimada.
Santidade/degradación: desagrado por cousas desagradables, comidas ou accións. .
Liberdade/opresión: móvenos á rebelión cando sentimos humillados.
A través da Teoría dos fundamentos morais de Haidt, proponse que a moral humana xorde a través destes principios:
A primacía dos procesos automáticos e afectivos no xuízo moral.
A moral une e constrúe grupos sociais.
A moral (para as persoas e as culturas) vai máis aló dos valores de xustiza e coidado.
Inicialmente, os fundamentos da moral deste teoría desenvolvéronse a partir das diferenzas culturais. Posteriormente diversos traballos coa teoría enfocáronse na ideoloxía política.
Algúns autores propuxeron a teoría dos fundamentos morais de Haidt como unha explicación das diferenzas entre liberais e conservadores, e suxeriron estes fundamentos como base para explicar as variacións ou diferenzas de opinión en asuntos políticos e sociais, por exemplo o dereito ao aborto ou o matrimonio entre persoas homosexuais.
Haidt propón que os liberais poñen a énfase soamente en tres fundamentos morais: o coidado, a xustiza e a liberdade; mentres que os conservadores baséanse en todos, nos seis.
Vídeo onde explica máis detidamente este último punto sobre conservadores e liberales:
Comments