top of page
Buscar
  • Foto del escritorPablo Rodríguez Arce

Experimento "Robber's cave"

The Robber' s Cave Experiment (en galego, o experimento da cova dos ladróns) é o título dun famoso estudo de psicoloxía social realizado no ano 1954 por Muzafer Sherif e Carolyn Sherif onde se estuda a orixe do prexuízo nos grupos sociais. Esta investigación produciuse nun amplo espazo propiedade dos boy scouts que se encontraba completamente rodeado polo Parque Estatal Cova dos Ladróns ( Robber' s Cave State Park) no estado de Oklahoma.

O experimento dividiuse en tres fases:

  1. formación de grupos.

  2. friccións, incluíu os primeiros contactos entre os grupos, competencias deportivas, etc.

  3. integración (diminución de friccións).


Durante o estudo, Sherif foi presentado como garda do campo. O equipo do estudo observou a un grupo de 22 adolescentes varóns de 11 anos de idade con similar experiencia de vida. Foron trasladados ao lugar por autobuses en dous grupos de once persoas. Ningún dos grupos sabía da existencia do outro. Os raparigos foron asignados en dúas áreas bastante afastadas entre si, de maneira que durante os primeiros días a presenza dos 'outros' foi ignorada. Os investigadores cortaran, ata onde puideron, vínculos de amizade preexistentes no interior de cada grupo, de modo que a identificación de cada raparigo co seu novo grupo puidese suceder máis rapidamente. Consultados polo nome que darían ao seu grupo, uns escolleron " The Rattlers", os outros " The Eagles". Despois de dous e tres días, os dous grupos desenvolveron espontaneamente xerarquías sociais internas.

Ningún dos raparigos se coñecía antes do experimento, pero moi pronto se observou hostilidade entre os grupos. As actividades da segunda fase executáronse segundo o planeado pero a comprobación do seu éxito foi rápida. A hostilidade entre os grupos incrementouse no momento en que o equipo do estudo concluíu as actividades de produción de fricción debido á súa inseguridade. A segunda fase concluíu e iniciouse a terceira.

Para diminuír a fricción e promover a unidade entre the Rattlers e the Eagles, Sherif ideou e introduciu tarefas que requiriron a cooperación entre ambos os grupos. Estas tarefas refírense no estudo como «obxectivos super-ordinados». Unha meta super-ordinada é un desexo, un desafío, unha lea ou un perigo que necesitan resolver ambas as partes nun conflito social, e que non pode resolver ningún dos dous grupos por si só. Os retos propostos polos Sherif incluían un problema de escaseza de auga, un camión de campo atrancado que necesita moita forza para ser devolto ao campo e achar unha película para proxectala. Estas e outras colaboracións necesarias causaron que diminuíse o comportamento hostil. Os grupos entrelazáronse ata o punto que ao final do experimento os raparigos insistiron en volver a casa todos no mesmo autobús.


 

Vídeo onde se mostra o experimento (inglés):

8 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Incels

bottom of page