A psicoloxía social ou de masas é unha rama dentro da psicoloxía que analiza os procesos de índole psicolóxica que influencian ao modo en que funciona unha sociedade, así como a forma en que levan a cabo as interaccións sociais. En suma, son os procesos sociais os que modulan a personalidade e as características de cada persoa.Tamén se adoita describila como a ciencia que indaga acerca dos fenómenos sociais, tratando de desentrañar as leis e principios polos que se rexe a convivencia entre humanos. Así pois, esta rama da psicoloxía encárgase de investigar as distintas organizacións sociais, tentando extraer patróns de conduta das persoas que conforman o grupo, os seus roles e o conxunto de situacións que condicionan o seu comportamento, e o seu obxecto de estudo son aspectos como a linguaxe, xestos e conduta, como produtos das relacións interpersoais que permiten a vida en comunidade e, concretamente, as súas interaccións persoais cara a cara.
Históricamente a noción de masa nace coas multitudes incontrolables que se manifestaron nos movementos revolucionarios e convertéronse nunha ameaza para o desenvolvemento do capitalismo industrial nacente. Nese contexto o control das grandes concentracións humanas volveuse unha preocupación crecente dos gobernos e dos científicos sociais.
Segundo esto podemos diferenciar tres órganos importantes no desenvolvemento das teorías do home como masa:
-Visión aristocrática: Esténdese por un longo período de tempo. Nesta corrente de pensamento dáse por sentado como natural «a excelencia duns poucos fronte á mezquindade da maioría».
-Psicoloxía das multitudes: Presente antes da Primeira Guerra Mundial como unha representación negativa da poboación como conxunto heteroxéneo e inorgánico de persoas incultas, salvaxes e incapaces de pensamento racional.
-Escola de Frankfurt: A sociedade é alienada.
Aquí , un extracto dun documental onde se nos mostra un sinxelo exemplo do que estuda esta interesante subdisciplina:
コメント