top of page
Buscar
  • Foto del escritorPablo Rodríguez Arce

Mamie Phipps Clark

Mamie Phipps Clark (1917-1983) foi unha psicóloga social que estudou o desenvolvemento da identidade e da autoconciencia racial durante a infancia, en relación co contexto de segregación de Estados Unidos. Xunto con Kenneth Clark desenvolveu un dos experimentos máis clásicos da psicoloxía sobre o desenvolvemento da conciencia racial: a proba das bonecas.

Logo de graduarse do Colexio Langston, e a pesar do contexto de dobre discriminación cara as mulleres negras, Mamie recibiu distintas ofertas de subvención para realizar estudos de educación superior. Entre as opcións atopábanse a Universidade de Fisk, en Tennessee; e a Universidade de Howard, en Washington. Eran ademais dous das máis prestixiosas de Estados Unidos e o seu criterio de acceso estaba baseado nos méritos. Representan case as únicas opcións para a elite da comunidade negra. Mentres estudaba na Universidade de Howard, Mamie coñeceu a Kenneth Barcroft Clack, quen realizaba estudos de mestría en psicoloxía. Está relacion influíu de maneira importante no interese de Mamie pola psicoloxía. Entre outras cousas, a psicoloxía parecía máis prometedora profesionalmente para ela (sobre todo máis que as carreiras de medicina, fisica ou matematicas). Ademais, a psicóloga permitiríalle achegarse ao desenvolvemento infantil, tema que tamén lle causaba curiosidade e que se intensificou especialmente mentres realizaba a súa tese de mestría.

O éxito e o recoñecemento dos seus estudos de mestría levárona a ingresar á Universidade de Columbia para o doutoramento. Neste contexto, conta Mamie que por primeira vez atopouse sendo a única estudante negra nun departamento doutoral onde todos os membros eran estudantes brancos. De feito, o seu esposo, Kenneth Clark fora o primeiro estudante negro en graduarse como doutor en psicoloxía en 1940. En 1943, Mamie foi a segunda.

Na súa tese de mestría, Mamie Phipps Clark investigara como e cando os nenos negros facían conciencia da súa identidade racializada, e como isto impacta na formación da súa autoconcepto. A súa investigación titulouse “O desenvolvemento da conciencia do eu en nenos negros de preescolar”. Isto pronto se converteu nunha liña de investigación que se volveu determinante, tanto para a psicoloxía como na política estadounidense.


A través da súa investigación de mestría, e como unha prolongación dos mesmos desenvolveuse o famoso test ou proba dos bonecos. Neste último consistía en presentar a nenos en idade preescolar un boneco de cor branca e outro negro. Posteriormente tomaron medida das súas preferencias (pedíndolles por exemplo que lles desen a que lles gustaba máis); das actitudes (preguntando cal lles parece boa ou mala); e da súa capacidade para identificar racialmente distintos grupos. Finalmente avaliaron a capacidade dos nenos para recoñecerse como membro dun grupo racial (a autoidentificación racial).


 

Un vídeo actual onde se mostra a proba dos bonecos:

8 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Incels

bottom of page