O experimento de Milgram
- Pablo Rodríguez Arce
- 8 may 2019
- 2 Min. de lectura

En xullo de 1961, o teniente coronel nazi Adolf Eichmann, responsable directo da solución final en Polonia, foi sentenciado a morte en Xerusalén. Como moitos dos militares nazis, Eichmann alegou que non sabía o que estaba a facer, pois só se limitaba a seguir ordes. Ao psicólogo Stanley Milgram, da Universidade de Yale, asaltáronlle entón varias preguntas: podía Eichmann estar a dicir a verdade? Eran os militares nazis conscientes do que facían? Pode unha persoa normal cometer barbaridades só porque a autoridade ordénallo?
Para pescudar o papel que xoga a obediencia no noso comportamento Milgram deseñou un experimento no que participaban tres persoas: un “investigador”, un “mestre” e un “alumno”. Os “mestres” foron recrutados a través dun anuncio no que se pedían voluntarios, remunerados, para participar nun “estudo da memoria e a aprendizaxe”. Os “alumnos” eran estudantes de Milgram, compinchados.
Ao comezar o experimento o “investigador”, un colaborador de Milgram, reuníase cos dous participantes do estudo e facíalles crer que estaba a repartir os roles ao azar. Tras isto, explicaba ao “mestre” que cada vez que o “alumno” contestase erroneamente unha pregunta tería que apertar un botón que lle provocaría unha descarga eléctrica. Cada vez que o “mestre” castigaba ao “alumno” este simulaba que se retorcía de dor. A medida que avanzaba o experimento, o "investigador" ía pedindo ao "mestre" que aumentase a potencia das descargas e o "alumno" ía elevando a súa interpretación, golpeando o cristal que lle separaba do "mestre", pedindo clemencia, alegando a súa condición de enfermo do corazón, gritando de agonía e, a partir de certo punto (correspondente a 300 voltios), finxindo un coma.
Milgram e os seus compañeiros pensaban que a maioría dos “mestres” negaríanse a continuar no experimento pasado certo punto, pero descubriron que a insistencia do investigador para que seguisen aplicando as descargas tiña un tremendo efecto sobre os suxeitos: o 65% dos participantes chegaron a aplicar a descarga máxima, aínda que sentían incómodos ao facelo, e ningún se negou rotundamente a aplicar as descargas ata alcanzar os 300 voltios.
O experimento foi todo un éxito a nivel académico e deu pé a decenas de investigacións, pero foi moi criticado pola pouca ética do mesmo, algo que se puxo de manifesto dada a gravación dun vídeo documental sobre todo o proceso. Os resultados do experimento, e as reflexións sobre este, foron sintetizados polo propio Milgram no seu libro Obediencia á autoridade (1974), un clásico absoluto da psicoloxía social.
Un vídeo onde se explica:
Comments